Boas, familias.
Onte pola tarde fixemos o primeiro taller temático de Jumping Clay deste curso. E dicimos "primeiro" porque repetiremos pronto, xa que foi todo un éxito! Vinteséis nenos modelaron un simpático coelliño de Pascua seguindo os consellos e instruccións de Isabel, Ángel e Andrea, monitores especialistas e autorizados de Jumping Clay Vigo.
Para os que non coñezades este material, Jumping Clay é unha pasta de modelar cun lixeiro aroma que non mancha, é fácil de manipular e resulta agradable ao tacto, de modo que é fantástica para traballar a psicomotricidade e desenvolver a faceta máis creativa dos nosos pequenos artistas. Agardamos que todos os participantes quedaran con ganas de repetir a experiencia.
Un saúdo,