Descobre os fondos mariños da Ría de Vigo (actualización 22/04)

visita fondos marinos Ría Vigo anpa Canicouva

Boas, familias.
   Lembrámosvos que as visitas para coñecer os fondos mariños da Ría de Vigo serán esta fin de semana, os días 27 e 28 de abril. A previsión meteorolóxica é boa e agardamos que desta vez todo vaia segundo o previsto.

  Poderedes recoller os novos billetes na oficina a partir do martes 23.

Dispoñemos das seguintes saídas e horarios. A visita dura 1:30h.
  • Sábado 27: 12:00h - (plazas dispoñibles) 
  • Sábado 27 ás 17:00h - completo
  • Domingo 28 ás 12:00h - completo
  • Domingo 28 ás 17:00h - completo
 VÍDEO PROMOCIONAL DO PROXECTO (inclúe imaxes das rutas pola Ría de Vigo, Cíes e San Simón).

INSCRICIÓNS: na oficina ou por email (ampapereiro@hotmail.com) ata que se esgoten as prazas. Indicade o código BARCO coa DATA, o número de socios / non socios e os seus nomes.

FORMA DE PAGO: ingreso ou transferencia á conta xeral da ANPA (cando vos confirmemos a praza): IBAN ES69.2080.5073.0330.4001.3704

PREZO 
  • Socios: 9€/persoa 
  • Non socios: 12€/persoa
  • Bebés de menos dun ano non pagan nin ocupan asento.
SAÍDAdende a dársena central do Real Club Náutico de Vigo. É preciso chegar 15 minutos antes da saída e entregar o billete para poder acceder ao barco.

Un saúdo,
anpa canicouva