Enquisas de satisfacción do servicio de comedor

comedor canicouva enquisaBoas, familias.
  Recibimos as enquisas de comedor deste curso, deseñadas por Foanpas e Arume para avaliar o grao de satisfacción de pais e usuarios no tocante aos menús e á organización do servizo. 
  As monitoras están repartíndoas no comedor, pero tamén podedes descargalas aquí ou recollelas na oficina.    É moi importante que as cubrades xunto cos vosos fillos e as depositedes na caixa de correo situada na ventá de Secretaría ata o venres 12 ás 10:00h como máximo.

  A finalidade desta enquisa é mellorar o servizo e corrixir, no seu caso, posibles incidencias
  Pregámosvos que non deixedes pasar esta ocasión de deixar constancia por escrito de calquera problema que puiderades ter detectado no que vai de curso. Tamén podedes presentar suxestións, felicitar ao persoal de comedor, etc. Grazas pola vosa colaboración. 
Un saúdo,
anpa canicouva