A Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario (ACECA) organiza unha gymkhana para lembrarnos que o comercio e as empresas de proximidad locais constitúen o soporte que nutre e dinamiza as cidades e que podemos atopar neles calquera producto ou servizo que precisemos.
Trátase de cubrir unha papeleta coas respostas ás cuestións que atoparemos nun lugar visible dos establecementos colaboradores e da Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas. Poden participar nenos de entre 6 e 12 anos.
As papeletas están dispoñibles nos establecementos colaboradores e deberán depositarse ata o luns 29 de abril na sede da asociación (San Roque 109 interior local 14). Entre todas as papeletas sortearanse fantásticos premios.
Información recibida de Foanpas