Boas, familias.
Lembrámosvos que o vindeiro domingo 5 de maio se celebrará a derradeira xornada da Liga de Natación Escolar. Nesta ocasión, todos os nadadores (promesas e benxamíns) deberán presentarse ás 09:15am no Pavillón das Travesas.
A proba dos 25 metros estilo libre comezará ás 10:00am; xusto despois terá lugar a entrega de medallas e trofeos, de modo que todos os participantes deberán permanecer na piscina despois da proba.
O Canicouva continúa en 6º lugar dun total de 28 centros educativos, posición excelente e máis destacable aínda se temos en conta que sumamos só 13 nadadores e que non todos participaron nas dúas primeiras xornadas.
Neste momento, a alumna do Canicouva María Álvarez Pazos (6º de primaria) lidera a súa categoría, superando en 950 puntos á nadadora que está en segunda posición. Todo apunta a que teremos trofeo na vindeira xornada... Parabéns e moita sorte a todos.
Un saúdo,