Boas, familias.
A través de Foanpas chéganos esta convocatoria de concentración contra a apertura dunha casa de apostas no barrio de As Teixugueiras.
Máis de 25 organizacións sociais, ANPAS, Asociacións de Veciños e sindicatos apoian a mobilización, que reclama un maior control sobre a publicidade e unha normativa de horarios máis estricta, entre outras medidas de control.
Esta acción enmárcase na campaña que o colectivo veciñal puxo en marcha logo de coñecerse que a apertura do local era inminente, e que continuará nas próximas semanas con máis accións informativas e de concienciación.
Segundo a voceira da Asociación Novo Vigo "A ubicación desta casa de apostas é especialmente problemática ao estar situada entre dous parques infantís, fronte ao INEM e a asociación COGAMI, e próxima á ESADdeG ou á Sala de lectura que abrirá en breve, nun barrio coma o noso onde a poboación é nova e case un terzo da mesma é menor de idade".
Nos últimos anos medrou o número de menores atendidas por problemas co xogo e a idade media das persoas afectadas de ludopatía reduciuse dos corenta aos vintecinco anos.
Por iso, e outras razóns que podedes consultar aquí (ver documento completo), os colectivos convocantes solicitan que nos sumemos á movilización.
Un saúdo,