Novo triunfo en Acrobática dunha alumna do Canicouva


Boas, familias.
  Os campionatos autonómicos de Acrobática celebrados en Pontevedra deixaron outro ouro no noso cole: Noa Estévez Grande, de 6º de primaria, subiu ao máis alto do podio coa súa compañeira Daniela Fernández por segunda vez nesta tempada. Os nosos parabéns ás dúas!
  A parella de ximnastas obtivo unha das 45 medallas que sumou Flic Flac entre as tres competicións desta fin de semana (Campionato Galego Escolar, Campionato Galegos Base e Campionato Galego Élite), que constitúen o último ensaio antes da cita máis importante da tempada: os campionatos nacionais.
  Nesta ocasión, a nosa representante máis pequena non tivo o seu mellor día e sufriu unha penalización que a deixou lonxe dos primeiros postos. 
Ánimo e seguide así; estamos moi orgullosos do voso traballo.
Un saúdo,