Proxecto Vacacións en paz

Boas, familias.
vacacións en paz sogaps
   Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos saharauis que desenvolve en Galicia Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS). 
  Galicia participa dende o ano 1991 ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que acoller aos seus fillos durante os meses de xullo e agosto para que gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica baixo a supervisión e o coidado das familias acolledoras galegas.
  O próximo venres 12 de abril ás 19:00h haberá unha xuntanza informativa no PLAN COMUNITARIO DE TEIS (Rúa Coutadas 59) na que se explicará o proxecto e se resolverán todas as dúbidas que poidan xurdir.
  Se estades interesados ou coñecedes a alguén que poida participar neste programa, non dubidedes en compartir esta información.
Un saúdo,
anpa canicouva