Conta atrás para o verán!
Nas instalacións do CEIP Canicouva haberá campamento durante as vacacións escolares para nenos de 3 a 13 anos (tamén doutros centros) ACTUALIZADO: confirmado durante todo o verán excepto do 5 ao 16 de agosto.

Tras o éxito dos últimos campamentos, seguimos confiando en Exodega e os seus monitores para coidar dos nosos fillos e encargarse de que o pasen estupendamente polas mañás.
Seguindo na mesma liña, podedes configurar este campamento segundo as vosas necesidades: tedes a posibilidade de coller meses completos, quincenas, semanas, pero tamén podedes engadir días soltos ou servizos (aula matinal e fiambreira) a un prezo máis que interesante.

Agardámosvos!
Descarga aquí a ficha de inscrición e o cartel informativo
Prazo de inscrición: ata o 14 de xuño*
(*a partir de esta data, as inscricións deberán ser aprobadas pola empresa)
- Datas: xuño, xullo, agosto e setembro de 2019.
- Horarios: de 09:00 a 14:00h, con posibilidade de engadir aula matinal sen almorzo (07:30 a 09:00) e fiambreira (14:00 a 15:30) por días soltos.
- Prezo: dende 136€ o mes completo, 66 a quincena ou 36 por semana (e só 4€ más para non socios) ou 10€/12€ os días soltos. (ver tarifas na 2ª folla da ficha de inscrición)
- Idades: de 3 a 13 anos (pode inscribirse o alumnado doutros centros).
- Información: de 09:00 a 10:00, na oficina da ANPA ou no 671 251 896. Fóra dese horario, por email.
- Inscricións: na oficina da ANPA ou por email (ampapereiro@hotmail.com), entregando ou enviando a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada xunto co xustificante de pagamento (indicar en concepto CAMP VERÁN+ NOME/s do/s participante/s).