Campaña de recollida de tapóns

campaña tapóns NoaBoas, familias.
  Como xa sabedes, na Anpa seguimos coa recollida de tapóns iniciada pola anterior xunta directiva hai máis de 6 anos. Neste tempo, uns trinta nenos de toda Galicia melloraron a súa calidade de vida, xa que os fondos recadados coa venda dos tapóns a empresas de reciclaxe serviron para financiar sillas, próteses, sesións de fisioterapia ou tratamentos médicos non cubertos polas Administracións.
   Durante este curso fixemos varias entregas para Yessi (www.elmundoconyesi.es) e para a Fundación Amigos de Galicia*, asociación que absorbeu o banco de tapóns de O Baixo Miño para que esta ONG puidera seguir funcionando.
  Os próximos tapóns que xuntemos servirán para financiar o sistema de monitorización de Glucosa de Noa, unha nena de Verín de 34 meses con Diabetes infantil tipo I
O trasmisor e os sensores duran soamente un ano e, xunto co receptor, custan 3.197€, que equivalen a 12.184.200 tapóns. Imos a por eles?
Podedes depositar os vosos tapóns en bolsas pechadas na caixa situada entre a entrada da oficina e o ximnasio. 

*Na web da Fundación Amigos de Galicia podedes consultar a relación dos tipos de plásticos válidos para reciclaxe.

Grazas pola vosa colaboración. Un saúdo,


anpa canicouva