Charla reválidas "Avaliación ou segregación?"

Boas, familias.

  O próximo martes 14 de maio Foanpas ofrece unha charla coloquio na que se explicará aos asistentes en que consisten e cal é a finalidade das reválidas impostas na LOMCE, así como a repercusión que teñen no alumnado e no centro educativo.
  Convidamos a asistir a toda a comunidade educativa, pero en especial ás familias con nenos en 3º de primaria: aínda que os resultados das probas son informativos, a reválida de 3º ten carácter censual todos os alumnos deste nivel estarían chamados a facer os exames de competencia lingüística e matemática os vindeiros 28 e 29 de maio.
  Para facilitar a vosa asistencia, haberá servizo gratuito de ludoteca previa inscrición.

   Por outra banda, podemos confirmarvos que os alumnos de 6º de primaria do Canicouva non terán que facer as probas este curso (neste nivel ten valor mostral e só se fai en determinados centros).

INSCRICIÓNS: no 986298812 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (indicando nome completo, teléfono, e centro educativo).

  Un saúdo,

anpa canicouva