Campamento de verán - programación semana 2

Boas, familias! 
  Xa temos a programación da semana 2 do campamento (1-5 de xullo). Nesta ocasión, a natureza será o eixo central ao redor do cal se artellarán as actividades dos próximos días: arte con pedras, observación do entorno durante o paseo polo sendeiro do río Lagares*, elaboración dun herbario... 
  Os nenos converteranse en pequenos naturalistas nunha semana na que tamén haberá tempo para Robótica, pintura, xogos e divertidos talleres. Se tedes calquera dúbida, contactade cos responsables nos teléfonos que figuran no programa.

programa semana 2, campamento verano, ampa canicouva
  *A realización das saídas está condicionada polas condicións meteorolóxicas, que poden obrigar á modificación ou mesmo cancelación das excursións. Non esquezades devolver cumprimentada a autorización que vos entregarán as monitoras o vindeiro luns.
Un saúdo,
anpa canicouva, ampa canicouva