Boas, familias.
Achegámosvos a programación da primeira semana do campamento (24 ao 28 de xuño). Ademáis da merenda de media mañá e a comida para os nenos que utilizan o servizo de fiambreira, rogámosvos que mañá lle traiades aos nenos unha mochila con toalla, bañador, chanclas, crema solar e unha muda para as actividades con auga. As monitoras mandaránvola de volta o día que se utilice.
Se tedes calquera dúbida, por favor, contactade cos monitores nos teléfonos de contacto que figuran no programa.
Nota: a saída a Castrelos está prevista para o venres 28, pero podería adiantarse dependendo das condicións meteorolóxicas. As monitoras entregaranvos unha autorización entre o luns e martes para que teñades tempo de cumprimentala e devolvela asinada.
Un saúdo,