Prata Nacional para Noa Estévez e Daniela Fernández

ampa canicouva, ximnasia acrobática
Boas, familias.
  Nesta ocasión as boas novas chegan dende Granada, cidade na que se celebrou o Campionato Nacional de Ximnasia Acrobática 2019 do 31 de maio ao 2 de xuño. Ata alí desprazáronse 95 ximnastas de Flic Flac con 8 dos seus entrenadores en dous autobuses cheos de nervios e ilusións.
  Noa Estévez Grande, que cursa 6º de primaria no Canicouva, e Daniela Fernández obtiveron a Prata Nacional na categoría Élite Parella Feminina Alevín con 24.950 puntos, tras clasificarse en segundo posto para a final con 24.000 puntos. 

 Esta foi a edición con máis participación da historia da Ximnasia Acrobática, xa que competiron 25 clubes de seis comunidades autónomas na que, sen dúbida, é a competición máis importante do ano. 
  
   Os nosos parabéns ás dúas. É un premio máis que merecido ao voso esforzo diario. Seguide así!




Un saúdo,