Campamento de verán - programación semana 3

Boas, familias!  
  Na semana 3 do campamento (8-12 de xullo) cambiamos radicalmente de tema e pasamos da natureza... ao deporte! Os participantes converteranse en verdadeiros atletas olímpicos e desenvolverán as súas habilidades nunha serie de circuitos e probas adaptados a cada grupo de idade.    
   Nas Olimpiadas do Canicouva practicarán puntería, equilibrio, velocidade... pero terán que aprender a coordinarse traballar en equipo para acadar a máxima puntuación nunhas probas nas que tamén se valora a creatividade, o bo comportamento ou a actitude fronte cada desafío.


programa semana 3 campamento verano canicouva, ampa canicouva
  A excursión está prevista para o mércores. Podedes descargar aquí a autorización de saída ou cumplimentala o luns no colexio.

IMPORTANTE: esta semana aconsellamos traer roupa deportiva e unha camiseta para mudarse.
  Aparte da auga e merenda de media mañá, é recomendable traer unha gorra e unha segunda mochila con toalla, bañador, chanclas, crema solar... para as actividades con auga, que quedará no colexio e mandaránvola a casa para lavar cando sexa preciso.

FIAMBREIRA: non esquezades enviar a comida en recipientes aptos para microondas e identificalos cunha etiqueta (ou o nome na tapa) para evitar confusións.  
Un saúdo,
anpa canicouva, ampa canicouva