INFORMACIÓN - Pagos e números de conta



 
Boas familias!





 Aquí poderedes consultar as dúbidas máis frecuentes sobre os pagamentos á Anpa. 
Pincha para DESCARGAR O PDF COS NÚMEROS DE CONTA e información práctica sobre o colexio.

QUE TEÑO QUE PAGAR EN CADA CONTA?
  • Na conta de comedor:
    • As mensualidades do comedor.
  • Na conta da ANPA, todo o demais:
    • Cota de socio (16€ por familia e curso)
    • Seguro de accidentes (11€ por alumno e curso)
    • Actividades extraescolares 
    • Campamentos
    • Excursións
    • ...

QUE DATOS DEBO INDICAR?
     Debe figurar sempre o concepto do pago e o nome completo do alumno. Nos pagos de comedor, facilita o traballo que indiquedes tamén o número de días e usuarios (por exemplo, comedor feb 4d x2 Jose e Marina Gómez).
    
COMO PODO FACER OS PAGOS?
     Mediante traspaso, transferencia dende outras entidades ou ingreso en conta.
Hai un caixeiro de Abanca moi preto do colexio (sucursal Pereiró); está aberto 24h, permite pagar con tarxeta de Abanca ou ingresar en efectivo sen comisión (é gratuito), da cambio e deixa sacar duplicados dos xustificantes.

COMO SE FAN OS PAGOS DENDE O CAIXEIRO?
    Accede dende a pantalla ao menú operacións sen tarxeta ou libreta. Selecciona o idioma e escolle ingreso. Indica a cantidade, cubre o campo concepto cos datos necesarios sen esquecer o nome do socio e introduce o pagamento en billetes (devolve cambio en billetes e/ou moedas).

PODO AGRUPAR PAGOS?
     Sí, sempre que vaian á mesma conta os conceptos estean ben indicados (cota de socio + seguro, por exemplo, que se ingresan na conta xeral).

NON TEÑO CONTA EN ABANCA. TEÑO QUE PAGAR COMISIÓNS?
     Se utilizas o caixeiro para facer os pagos, non. Se pagas por transferencia, dependerá das condicións que teñas contratadas co teu banco.

PÓDESE FACER ALGÚN PAGO EN METÁLICO?
     Sí: os días esporádicos de comedor pagaranse na ANPA; os días esporádicos de aula matinal, directamente á monitora.

CALES SON OS PRAZOS DE PAGO?
  •      Cota de socio e seguro: dende o 15 de xullo ata a data establecida como límite no prazos de inscrición de cada servizo. Todos os usuarios que queiran utilizar aula matinal, extraescolares ou comedor, aínda que sexa de forma esporádica, deberán pagar o seguro escolar para poder acceder a estes servizos.
  •      Comedor:    
    • O primeiro mes, dentro do prazo de inscrición 
    • Mensualidades: nos 10 primeiros días de cada mes.
  •      Aula matinal: a empresa pasa o recibo dentro dos primeiros 15 días de cada mes.
  •      Actividades extraescolares: nos primeiros 10 días de cada mes.

            Un saúdo,
            Noelia Amoedo