Taller: Verán científico Naturnova

anpa canicouva, verán naturnova
Boas, familias!
  Se non tedes plan para o 16 de xullo, as actividades de verán de Naturnova (AFundación) poden ser unha opción máis que interesante. 
  Os nenos serán investigadores do planeta Terra e descubrirán, entre outros, como se forman os cráteres da lúa ou por que as quenllas están sempre en movemento. 
  En cada sala do museo levarán a cabo un experimento científico... pero para poder acceder á sala seguinte, deberán resolver adecuadamente as probas que irán atopando polo camiño. Pinta ben, non si?

DATA: martes 16 de xullo
LUGAR: Centro de Educación Ambiental Naturnova (R/Velázquez Moreno, 18)
HORARIO: 12:00h
DURACIÓN: 1h30 aprox.
PREZO: 1€/neno (3-12 anos) 
PAGO: en taquilla
PRAZAS LIMITADAS (máximo 65 participantes)
INFORMACIÓN E RESERVAS: 986120088 ou en naturnova@afundacion.org.

Un saúdo,
ampa canicouva, anpa canicouva