Presentación Intelixencia Emocional + sorteo de beca

 Boas, familias.
intelixencia emocional, punto y aparte  O vindeiro martes 24 de setembro ás 16:00h haberá unha charla no comedor sobre a extraescolar Intelixencia Emocional. É unha actividade impartida por psicólogos e educadores na que os nenos se divirten mentres se traballan os distintos bloques da materia (autoestima, resolución de conflitos, autocontrol...), que tan importantes son pero non se inclúen no currículo académico.
  Ademais de informar sobre a actividade e de como se traballan os contidos, entre os asistentes sortearase unha praza gratuita durante todo o curso. É preciso inscrición, así que non esquezades avisarnos ata o día 23 ás 10:00am se pensades asistir. Podedes avisarnos na oficina ou por whatsapp ao teléfono da anpa (671251896). 

IMPORTANTE: recomendamos esta actividade para alumnos de infantil para que o grupo teña idades similares, pero tamén poden inscribirse rapaces dos primeiros cursos de primaria.

    Preme para ver o vídeo promocional da actividade.

Un saúdo,
ampa canicouva