As pantasmas da aula de psico

Boas, familias!

  Esta tarde a aula de psicomotricidade do Canicouva encheuse de pantasmas... de plastilina! 
  Os nenos e nenas que participaron no taller de Jumping Clay desta tarde pasaron un bo rato modelando e decorando ao seu gusto unha figura con imán que poderán utilizar para adornar o frigorífico nestas datas. 
  Estas pantasmas non asustan a ninguén, pero o certo é que lles quedaron de medo! 
  
 O taller do próximo venres 25 farase tamén na aula de psico, moito máis luminosa e cómoda que o ximnasio. 
Agardámosvos!