Boas, familias!
Os participantes do taller de Jumping Clay do pasado venres modelaron catrinas de cores para todos os gustos: con ou sen gravata, en versión feminina con lazos e flores ou dandi con chistera e mostacho Dalí, con melena ou barba e mesmo con cairos de vampiro!
Durante unha hora, vinte nenos e nenas deixaron voar a súa imaxinación para crear figuras que poderán lucir como colgantes na festa de Samaín da vindeira semana.
Dende aquí o noso agradecemento a Andrea e Isabel de Jumping Clay Vigo por facer que os talleres desta semana fosen un éxito. Vémonos pronto!
Un saúdo,