A vindeira semana faremos dous talleres de Jumping Clay no cole, sempre que haxa un mínimo de 10 nenos inscritos en cada un. Faranse figuriñas relacionadas co Samaín, que se elixirán en función das idades dos nenos inscritos.
DATAS:
DATAS:
- Luns 21/10/2019 ás 17:15h.
- Venres 25/10/2019 ás 18:00h.
DURACIÓN: 1h aprox.
PREZO (inclúe o material e os participantes levan a figura para casa):
- Socios: 4,50€
- Non socios: 5,50€
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o venres 18 de outubro ás 10:00h en ámbolos dous casos. Confirmaremos por tokapp aos interesados se sae adiante o taller.
FORMA DE PAGO: ingreso na conta xeral da anpa indicando JUMPING + NOME dende que confirmemos a realización do taller ata o martes 29 de outubro (ES69.2080.5073.0330.4001.3704).
Anotádevos se estades seguros de poder asistir: non poderemos admitir cancelacións de última hora porque hai un mínimo de asistentes.