Posiblemente algúns non saibades que a nosa ANPA pertence á Federación Olívica de ANPAS (FOANPAS).
Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro e independente de calquera formación política, constituida por máis de 70 anpas de Vigo e a súa bisbarra, e que traballa en defensa das familias e do ensino público. A súas principais funcións son a de formación e mediación en conflitos, así que non dubidedes en recorrer á súa experiencia e profesionalidade en caso de ter dúbidas ou problemas.
FOANPAS asesora e proporciona formación ás directivas das ANPAS para que desenvolvamos a nosa labor o mellor posible, promove actividades culturais e formativas para o alumnado e as súas familias e, ante todo, defende un ensino público de calidade, para o que colabora coas administracións e participa en todos os organismos e consellos pertencentes ao eido da educación ou relacionados con el dalgún modo.

FOANPAS somos todas as ANPAS e, á súa vez, todas as familias da comunidade educativa de Vigo.
Grazas aos convenios de FOANPAS coa Xunta e o Concello de Vigo optamos a distintas subvencións e os usuarios de comedor teñen prezos subvencionados. Tamén podemos acceder de xeito totalmente gratuito a numerosos cursos (acceder á web de FOANPAS) ou ver online os vídeos da meirande parte dos talleres e charlas dende a súa canle de YouTube.
Pero non é posible continuar esta labor sen axuda. A ANPA do Canicouva traballa na Comisión de Comedores dende o curso pasado para intentar mellorar o servizo, pero hai outros grupos de traballo nos que se precisan ideas e propostas: TDAH, Igualdade, Atención educativa domiciliaria e hospitalaria, Zonificación, Altas Capacidades... Tamén fan falta voluntarios para formar parte da Directiva. Na web de FOANPAS atoparedes información sobre as súas actividades.
Dende aquí animámosvos a colaborar e destinar unha parte do voso tempo a calquera campo, xa que xuntos poderemos seguir traballando en prol da educación dos nosos fillos. Todos os coñecementos e experiencias son valiosos e benvidos. Non dubidedes en contactar nós ou con FOANPAS se podedes participar dalgún modo!
Un saúdo,