Xornada da Dieta Atlántica

Boas, familias.
  Mañá celebrarase no comedor escolar a xornada da Dieta Atlántica, coa que se quere dar a coñecer os beneficios da nosa dieta, tan rica en peixe, verduras e legumes. 
  Os pratos do menú están deseñados por Beatriz Sotelo, a chef galega máis nova con Estrela Michelín.
Para acompañar a parte gastronómica está prevista a realización dunha serie de actividades. Podedes consultalas e saber máis premendo aquí.
Un saúdo,