Boas, familias!
Nas vacacións de nadal temos previsto realizar un campamento con Exodega nas instalacións do cole, durante os días non lectivos (con excepción dos festivos: 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro), sempre que haxa 8 inscritos como mínimo.
Podedes configurar o campamento a medida segundo as vosas necesidades: campamento completo, só decembro ou só xaneiro, ou por días soltos. A partir de 3 días seguidos aplícanse os "prezos pack".
Se tedes que deixar os rapaces no centro antes das 9:00h ou recollelos despois das 14:00h, podedes utilizar os servizos de aula matinal e/ou fiambreira, tamén por días soltos.
O prazo de inscrición está aberto. Agardámosvos!

- Datas: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019; en 2020, os días 2, 3 e 7 de xaneiro.
- Horario: de 09:00 a 14:00h.
- Servizos adicionais: aula matinal sen almorzo (07:30 a 09:00h) e fiambreira (14:00 a 15:30h). Posibilidade de contratación por días soltos.
- Prezos: ver ficha de inscrición.
- Idades: de 3 a 13 anos (tanto do cole coma de outros centros)
- Información: de 09:00 a 10:00h na oficina da ANPA ou no 671 251 896.
- Inscricións: na ANPA ou por email (ampapereiro@hotmail.com), achegando a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada xunto co xustificante de pagamento (indicar no concepto CAMPA NAVIDAD + nome/s do/s participante/s).
Prazo de inscrición: ata o 16 de decembro.
Pregámosvos que nos comuniquedes se estades interesados para poder confirmar a realización do campamento o antes posible.

Podedes descargar aquí a ficha de inscrición.
Un saúdo,