CAMBIO AULAS EXTRAESCOLARES POR TEMPORAL 16/01/20


Boas, familias.
  Por mor da alerta laranxa prevista ata as 19:00h desta tarde, fútbol sala trasládase ao ximnasio e baile moderno infantil á aula de psicomotricidade.
  Para unha boa organización, a entrada do alumnado que non asiste a comedor e a saída de todos os participantes farase polas seguintes portas:
  • Fútbol sala: porta de acceso a secretaría.
  • Baile moderno infantil: porta de acceso á ANPA.
NOTA: inglés primaria impartirase na aula de música a partir da vindeira semana. Non hai cambios con respecto á entrega ou recollida do alumnado.
Un saúdo,
anpa canicouva