Liga de natación escolar 2018/19 |
Boas, familias.
Xa está en marcha a Liga de Natación Escolar do Concello. Dende a ANPA animamos a participar a tod@s os nen@s de primaria do cole, xa que non é preciso estar federado ou inscrito en ningún clube. REQUISITOS:
Só é preciso que
- queiran divertirse e formar parte do equipo do Canicouva
- sexan capaces de nadar os 25 metros da piscina (estilo libre e costas), aínda que lles faga falta unha axudiña: nadadores do Club de Natación Rías Baixas acompañan na auga e axudan a chegar á meta os nenos que o necesiten, como se pode ver na imaxe.
NOVAS DATAS: [EDITADO o 06/02/20]
- 1ª Xornada: NOVO CAMBIO: 15 de marzo (estilo libre e costas),
8 de marzo,23 de febreiro - 2ª Xornada: 26 de abril (estilo libre e costas)
22 de marzo - 3ª Xornada: 24 de maio (estilo libre e entrega trofeos)
- Benxamíns (2008/2009/2010 e 2011): entrada 08:45h; inicio competición 09:00h.
- Promesas (2012/2013 e 2014): entrada 10:40h; inicio competición 11:00h.
*A inscripción é válida para as 3 xornadas; avisádenos se non podedes asistir a algunha.
PREMIOS: Na última xornada cada participante recibirá unha medalla como recoñecemento ao seu esforzo; haberá trofeos para os coles con máis participantes e maior puntuación e para os nadadores mellor clasificados.
Un saúdo,
NOVO: PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER Á NORMATIVA (puntuación, novidades...)
Un saúdo,