Hoxe no Canicouva... cursos de reanimación cardiopulmonar

canicouva, reanimación cardiopulmonarBoas, familias.
  Tras o éxito dos cursos impartidos o ano pasado, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria aprendeu esta mañá técnicas de reanimación cardiopulmonar. Este procedemento pode salvar a vida en casos de emerxencia cando unha persoa non respira ou o seu corazón deixa de later, algo que pode acontecer tras unha descarga eléctrica, ataque cardíaco, asfixia, afogamento, accidentes de tráfico ou mesmo a consecuencia de diversas patoloxías.
  Dende aquí queremos recoñecer o gran traballo do equipo de 10 médicas e enfermeiras dos Servizos da Área Sanitaria de Vigo que se desprazaron ata ao noso cole de forma totalmente altruista. 
  En nome de todas as familias ás que representamos, tamén queremos agradecer á Dirección do centro a súa implicación, coma sempre, na formación integral do alumnado e, sobre todo, dar as grazas a Tere Lorenzo, nai dun antigo alumno do cole, por organizar esta actividade e seguir colaborando un ano máis coa nosa escola.
Un saúdo,
canicouva, reanimación cardiopulmonar