Para axudarnos a levar esta difícil situación o mellor posible e promover a lectura entre os menores, Edelvives puxo á disposición dos centros educativos pechados a Biblioteca Ta-Tum durante 90 días.
Iso significa que por ser membros do cole teremos acceso a todo o fondo bibliográfico sen limitacións nin restricións de uso ata xullo, e sen necesidade de proporcionar datos persoais. Para poder utilizala, é preciso:
- Rexistrarse dende a web.
- Descargar a app Ta-Tum e
- Introducir o usuario e contrasinal utilizados no rexistro.
1. Para rexistrarse: accede a https://ta-tum.com/#welcome. Preme en REXISTRO, selecciona ALUMNO e introduce os seguintes datos:
- Nome de usuario (o que ti queiras, sempre que esté dispoñible).
- Idade (do neno).
- Contrasinal (farache falta para acceder á app).
- Código promo. Enviarémolo por Tokapp mañá ás 10:00h. Compartídeo nos grupos de clase, por favor. Se non introduces o código só poderás ler as primeiras 12-13 páxinas de cada libro e terás que rexistrarte de novo para acceder aos contidos completos.
- Acepta o aviso legal e preme en Crear conta.
IMPORTANTE: se non che aparece o apartado "código promo", pecha o navegador, reinicia ou borra o historial de navegación e volve a intentalo. Estos días as redes están especialmente saturadas e ás veces falla.
2. Descarga a app dende os seguintes enlaces no dispositivo móbil que elixas (tablet, móbil...). O sistema pedirache que introduzas o usuario e a contraseña coa que te rexistraches. Non se recomenda realizar a lectura dende a web.
- Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.oc.booklibrary&hl=es
- IOS: https://apps.apple.com/es/app/ta-tum/id1231483809?l=es&ls=1
- ChromeApp (acceso sen conexión): https://chrome.google.com/webstore/detail/ta-tum/ihefnjlbcpnoapbdllcpoidekghdakce
3. Accede á app co teu usuario e contraseña. Ignora a mensaxe que che pide un código de clase e pincha en libros ou catálogo. Podes seleccionar o idioma (galego, castelán, inglés...), a idade recomendada (dende os 5 anos a +de 14), o xénero, tema...
Un saúdo e boa lectura!