Coñeces os protocolos?

protocolos, anpas galegas

Boas, familias.
  Deixámosvos información sobre a campaña "Coñeces os protocolos?" da Confederación ANPAS Galegas, que ten como obxectivo divulgar os protocolos educativos da Consellería de Educación e nos chega a través de FOANPAS.
  Os protocolos son  guías que establecen o modo de actuar da comunidade educativa para atender os alumnos/as cunha circunstancia que pode dificultar a súa aprendizaxe ou a súa convivencia diaria.

  Regulan situacións tan dispares como a protección de datos, urxencias sanitarias e diabetes, TDAH, a prevención e detección do acoso escolar, a identidade de xénero ou o absentismo escolar, entre outros.
  Son unha axuda, unha ferramenta útil para todas as partes implicadas no benestar do alumnado: para o centro educativo e os profesionais que teñen que aplicalos, xa que marcan os pasos que se debe seguir; para as familias, porque saben o que poden agardar da comunidade e, sobre todo, para os nenos e nenas, posto que son a súa defensa fronte a inacción ou o descoñecemento.
   SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, así que cómpre coñecelos e utilizalos.

  Parte desta campaña son os panfletos e marcapáxinas que tedes a vosa disposición na nosa oficina. Levan un código QR que vos levará á web de ANPAS GALEGAS, onde atoparedes xuntos todos os protocolos vixentes, que tamén podes consultar facendo clic aquí).
Un saúdo,
anpa canicouva