A partir do luns 16 de marzo contaremos con tres novas canles de televisión que servirán de ferramenta educativa durante o período de suspensión das clases: Clan lanza EduClan, unha iniciativa coordinada co Ministerio de Educación que proporá recursos educativos de calidade para nenos de 3 a 10 anos.
As editoriais educativas máis importantes do país (EDEBE, ANAYA, SM, McGraw Hill e Smile&Learn) colaboran de forma desinteresada neste proxecto, cedendo unha selección dos seus mellores materiais educativos. Así, poderemos atopar vídeos das principais áreas curriculares organizados por idade (3-5 anos, 6-8 anos e 9-10 anos). Interesante, non si?
Un saúdo,