Boas, familias.
Moitos estades a preguntarnos que facer con comedor e as extraescolares. Non vos preocupedes: non se van cobrar máis mensualidades mentres non haxa servicios, pero se tedes programados os pagos, chamade á vosa sucursal bancaria para anular as transferencias periódicas.
Esta tarde (30/03/20) enviámosvos un Tokapp con información detallada sobre os pagamentos de comedor e extraescolares.
AXUDAS COMEDOR: o noso comedor é de xestión indirecta da Xunta, xa que pertencemos á rede de FOANPAS, e o convenio que rexe as axudas está asinado pola Federación e o Concello de Vigo. Isto significa que as axudas que se aplican no noso cole (prezos subvencionados e bolsas de comedor) proveñen indirectamente da Xunta, a través de Foanpas, e directamente do Concello (bolsas). Dende o Concello xa se contactou coas familias que teñen dereito ao adianto da axuda polo estado de alarma (bolseiros de Vigo con renta inferior a 300€ per cápita). Para máis información, pincha aquí.
Por tanto, as axudas de carácter directo da Xunta NON se aplican aos bolseiros do Canicouva.
COLEXIO: como sabedes, algunhas profes tamén están utilizando Tokapp. Se tedes desactivadas as notificacións emerxentes, abride a app, como mínimo, unha vez por semana para non perder avisos.
Recomendamos consultar periódicamente o blog de NOVAS da web do centro para estar ao tanto das novidades e poder acceder ao material de apoio que o profesorado está poñendo á nosa disposición.
Aparte das entradas que se poden ver dende "inicio", hai información para distintos cursos e materias en seccións independentes: se entrades dende o móbil, tedes que pinchar na frecha (arriba á dereita) para despregar o menú, ou ben baixar ata o final da pantalla e facer click en "ver versión web" para poder ver as pestanas.
Na web de FOANPAS tamén atoparedes recursos e información interesante.
Por outra parte, non esquezades descargar nestes días a app AbalarMóbil para ter acceso, no seu momento, aos boletíns de notas do segundo trimestre.
Para rematar, deixámosvos o enlace ao cuestionario anónimo COVID19 TRENDS da Fundación IO, unha organización dedicada ao estudio e control de Enfermedades infecciosas que está recollendo datos a nivel estatal para coñecer o número real de afectados de COVID19 en España.
Trátase de varias preguntas que axudarán a coñecer a situación real do noso país e a súa evolución. Na súa web (https://fundacionio.com/) tedes toda a información sobre esta organización e a súa actividade.
Un saúdo e ánimo,

Se aínda non descargaches Tokapp School, faino e envíanos por mail o teu nome, número de móbil e o nome e curso d@/s teus fill@s.
Axúdanos a organizarnos e #QuedaNaCasa.