Información do centro para traballar durante o peche

ceip canicouva
Boas, familias.
   Na páxina web do cole temos información para que os nosos nenos e nenas poidan seguir traballando durante a suspensión preventiva das clases presenciais. Hai unha ampla variedade de recursos para todos os niveis:
  En YouTube podedes atopar os seguintes contos en galego, recomendados para o alumnado de Infantil: Os contos do camiñoA cebra CamilaOs BolechasA que sabe a lúa.
  Ademáis, hai unha serie de apps españolas que están ofrecendo os seus contidos Premium de forma gratuita para que os rapaces continúen aprendendo na casa:

  • Ta-Tum (de Edelvives, permite acceder aos seus libros sen inscrición. Só é preciso crear un usuario, unha contraseña e indicar a idade do neno/a (non pide email nin datos persoais) [pendente de revisión, xa que corta o acceso despois de ler varias páxinas]
  • Academons Primaria (30 días de acceso gratis ao seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua, Inglés e Ciencias).
  • Smartick , para practicar matemáticas (4-14 anos). Proporciona acceso gratuito durante 15 días.
  • Smile&Learn: ofrece un mes gratis ás súas actividades educativas, recomendadas para os máis pequenos.

Lembrade comprobar se é preciso cancelar as inscricións despois do período de proba.

anpa canicouvaUn saúdo,