Boas, familias.
Alégranos comunicarvos que o próximo martes 17 de marzo o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria participará nunha xornada de reforestación no Bosque dos Nenos, unha zona de 6 hectáreas situada a carón do merendero do Monte Galiñeiro.
Os nosos nenos e nenas plantarán 50 nogueiras de 1,50m aprox. financiadas pola ANPA e deixarán a súa pegada nun monte que terá carácter protector, xa que a súa finalidade non será a produción de madeira, senón a redución de emisións de CO2.
Esta iniciativa é unha das accións da Comunidade de Montes de Vincios para recuperar as máis de 500 hectáreas calcinadas na vaga de incendios que sufriu Vigo e a súa contorna en 2017, xunto coas campañas de retirada de eucaliptos nas que tamén participan centros educativos, por exemplo.
A nosa proposta tivo unha excelente acollida por parte do profesorado e a dirección do centro, pese ao pouco tempo dispoñible para levalo a cabo, e completaron a visita organizando unha charla sobre prevención que servirá para concienciar o alumnado no coidado do medio ambiente.
Dende aquí animámosvos a compartir con nós calquera proxecto que vos pareza interesante. Agardamos as vosas ideas!
Un saúdo,