Canle de convivencia de FOANPAS


Boas, familias.
canle convivencia foanpas
  FOANPAS vén de presentar a súa canle de convivencia, unha sección da súa web que dará visibilidade ás vosas reflexións e opinións sobre educación e a convivencia, sobre todo nestes días. 
  Se queredes participar, podedes enviar os vosos comentarios e pensamentos a foanpas@foanpas.com en formato texto, audio ou vídeo. 
  Pinchando AQUÍ accederedes á canle e veredes as primeiras aportacións de familias e profesorado.
  Lembrarvos que na web de FOANPAS e na súa canle de facebook atoparedes recursos e artigos moi interesantes sobre educación, alimentación saudable, chaves para afrontar o confinamento cos menores... e moita máis información relacionada coa actual situación educativa, posto que a Federación está traballando arreo durante o confinamento. Non esquezades que podedes contactar por mail con nós (ampapereiro@hotmail.com) ou  directamente con Foanpas se estades a vivir unha situación delicada e precisades axuda urxente. 
Un saúdo e ánimo.
anpa canicouva