Recursos e concursos para a corentena


Boas, familias.
  Achegámosvos máis iniciativas deseñadas para axudarnos a levar mellor estes días, para que teñades máis opcións para elixir ou cambiar de actividades:
  • O Blog "A escola infantil na casa" é unha proposta da Xunta de Galicia destinada aos máis pequenos (de 0 a 3 anos), pero tamén ás familias e a profesionais de educación infantil. Inclúe xogos, pautas e propostas educativas das escolas infantís da Consellería de Política social e conta con canle de YouTube na que se poden ver vídeos explicativos das actividades, contos, etc.
https://www.escolasinfantisdegalicia.es/aescolainfantilnacasa/
  • Plataforma Galicia Le: é o servizo de préstamo electrónico de libros, revistas, audiolibros e películas das bibliotecas públicas galegas. Se non tes carné de biblioteca, só precisas rexistrarte para conseguilo e acceder ao catálogo de obras (en galego e castelán). É preciso cubrir todos os campos do formulario de solicitude de carné, e recomendamos anotar ou facer captura de pantalla do usuario e contrasinal temporal, xa que será preciso introducir estes datos para poder modificalo. As obras poden lerse en liña ou descargarse para visionarse dende outros dispositivos.
  • Libros e historias de audio de Amazon: a compañía suspendeu a suscrición aos libros e historias de audio para alumnado infantil e estudiantes, de xeito que poderemos acceder dende o noso móbil, tablet ou pc a todas as historias da plataforma, dispoñibles en seis idiomas, de forma gratuita. Para acceder, pincha no encabezao ou copia e pega nun buscador o seguinte enlace: https://stories.audible.com/start-listen 
Tamén se pode acceder libremente aos programas infantís de Prime Video a través dunha conta de Amazon válida (gratuita).

Para rematar, deixámosvos o enlace a un par de concursos que poden ser do voso interese:

    http://www.fgxoieiros.es/
  • XI Certame "Deseña unha xoia para a túa nai".  Como vos contamos o curso pasado (entrada do blog), a Federación Galega de Xoieiros e o Colexio Profesional de Xoiaría de Galicia (Coxga) convocan un concurso de deseño para educación infantil e primaria con motivo da celebración do Día da Nai. O prazo de presentación dos debuxos aprazouse ata novo aviso (comunicarán as novas datas con suficiente antelación), pero o certame segue vixente. Podedes consultar as bases completas, descargar os dípticos de participación e ver os deseños premiados e as xoias realizadas o ano pasado premendo aquí.
Cando a situación se normalice, os deseños poderanse presentar -ou enviar por correo postal- nos establecementos colaboradores (Montero Joyeros, Gran Vía 22; Ardentia, Policarpo Sanz, 22 e Sujapón, Florida, 2b) ou entregalos na Asociación de Xoieiros de Pontevedra (Príncipe 22, 4º).


  • Concurso de debuxo de AGASP. A Academia Galega de Seguridade Pública convoca un concurso de debuxo no que 0s escolares plasmarán a mensaxe que queiran transmitir aos corpos e forzas de seguridade, co cancelo #ConVosEstamosSeguros.
    Os debuxos deben enviarse por correo electrónico a formacion.agasp@xunta.gal ata o VENRES 17 de abril, indicando o nome completo do neno ou nena, o curso e o colexio ao que asiste. Toda a información aquí.
Un saúdo,