Recursos extraescolar Intelixencia emocional

Boas, familias.
intelixencia emocional punto y aparte   Punto & Aparte, a empresa que imparte Intelixencia emocional como actividade extraescolar no Ceip Canicouva, preparouvos unha serie de recursos para que poidades seguir traballando a intelixencia emocional na casa e compensar un pouco as clases que se perderon en marzo.
  O mércores 22 de abril, o alumnado inscrito nesta extraescolar recibirá por TokApp varios enlaces: un vídeo introdutorio e diversas actividades que agardan que vos sexan útiles.
  Como nestes momentos é particularmente importante desenvolver a intelixencia emocional, tamén están preparando recursos xerais para que as familias que non coñecen esta actividade teñan a posibilidade de traballala na casa cos seus nenos e nenas. Seguide atentos ás redes. Manterémosvos informados.  
Un saúdo,
anpa canicouva