Cita previa para as bolsas municipais: comedor escolar e material escolar

Boas, familias.  Dende hoxe, 22 de xuño de 2020, xa se pode pedir cita previa para presentar as solicitudes das bolsas de comedor * (infantil e primaria) e as axudas de material escolar (infantil) da Concellería de Benestar Social.
Pincha aquí para pedir cita previa ou chama aos teléfonos 010 ou 986 810 260.
O prazo para presentar a documentación será do 25 de xuño ao 22 de xullo. Os solicitantes recibirán un SMS coa resolución nos primeiros meses do vindeiro curso.


NOVO: Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do Concello poderán tramitar a súa solicitude directamente dende esa sección. Deixámosvos a solicitude e os anexos preparados para a tramitación telemática:
  1. Bases da convocatoria (pincha aquí)
  2. Anexo I - solicitude (pincha aquí)
  3. Anexo II - contrato verbal aluguer (pincha aquí)
  4. Anexo III - xustificante hipoteca (pincha aquí)
*BOLSAS COMEDOR: No Ceip Canicouva, a diferencia entre o prezo da praza de comedor e a axuda municipal é asumida por Foanpas (pertencemos á súa rede de comedores), así que as familias dos bolseiros non teñen que abonar mensualidades de comedor.
Un saúdo,
anpa canicouva