Enquisa sobre as clases na corentena

Boas, familias.
anpas galegas
A través de Foanpas recibimos unha enquisa da Confederación de Anpas Galegas. A súa finalidade é coñecer como se desenvolveu o ensino ao longo do confinamento e valorar se se cumpre o regulado pola administración e o impacto que pode ter este curso no vindeiro.
O cuestionario está dirixido á/s nai/s, pai/s ou titor/es legais do alumnado de 2º ciclo de educación infantil e primaria, para recoller a súa opinión sobre “as clases” durante a corentena. Tamén hai algunhas preguntas que fan referencia á familia para poder contextualizar os resultados.
DEBE CUBRIRSE UN CUESTIONARIO POR FILLO/A NESTE NIVEL DE ENSINO  
Os enlaces son os seguintes:
Un saúdo,
anpa canicouva