Concentración por unha volta segura ás aulas

concentración foanpas
Boas, familias.
  A nosa confederación de Anpas, ANPAS GALEGAS, á que pertencemos por formar parte de FOANPAS, está levando a cabo medidas de acción contra o protocolo COVID, realizado sen ningún tipo de acordo coa comunidade educativa, do mesmo xeito que outras federacións en toda Galicia.
 Queremos que a Administración negocie con nós (familias) polo menos no fronte que nos compete directamente: aula matinal, comedor escolar, extraescolares e transporte, servicios sen os que a conciliación familiar e laboral e a posibilidade de gran parte do alumnado de ter unha comida equilibrada alomenos unha vez ao día sería imposible.

Para iso precisamos o voso apoio. 
Acudide hoxe ás 20:00h a visibilizar a vosa disconformidade con este protocolo e coas medidas que impón, sen facilitar nin formación nin recursos económicos para poder levalas a cabo.

 Entre outras medidas levadas a cabo nestas dúas semanas están as reunións con ADICOPUVI (Asociación de directores e directoras dos colexios públicos de Vigo), coa concesionaria de comedores, as reunións das directivas de cada ANPA coas direccións de cada centro e os acordos alcanzados para enviar escritos de protesta conxuntos ás administracións pertinentes e solicitar recursos e asesoramento, principalmente.
Un saúdo,