URXENTE. Enquisa ANPA: previsión uso aula matinal, comedor e extraescolares 2020/21

Boas, familias.
  Dende a ANPA solicitamos a vosa colaboración para estudar a viabilidade dos servizos que xestionamos (aula matinal, comedor e extraescolares, principalmente) e poder cumprir coas esixencias do protocolo COVID para o curso 2020/21.   Precisamos ter unha previsión de uso o máis exacta posible (saber cantos alumnos/as terían que utilizalos obligatoriamente por conciliación e descartar aos que non van asistir en ningún caso) para redistribuir os espazos dispoñibles, establecer quendas, organizar entradas e saídas... Temos que comprobar se estos servizos se poderían desenvolver cumprindo con todas as medidas de seguridade esixidas antes de que comece o curso.
  Para iso enviámosvos unha breve enquisa por tokapp a finais de xullo. Se aínda non respondestes, por favor, cubrídea o antes posible (un formulario cada por neno/a* escolarizado no Canicouva).  Non vos levará máis de dous minutos e os resultados son moi importantes neste momento.
  
Un saúdo e grazas pola vosa axuda,
anpa canicouva