Boas, familias.
Deixámosvos a resolución da Asamblea Xeral Extraordinaria de Foanpas do 13/08/20, que tamén vos enviamos por Tokapp. As ANPAS presentes decidimos por unanimidade presentar un ultimátum á Administración para seguir reclamando que a volta ás clases sexa segura e que se lles proporcione aos centros os recursos, persoal e asesoramento necesarios para que eso sexa posible.
En caso contrario, plantaremos a xestión dos servizos: as ANPAS non somos "operadores educativos", senón nais e pais que traballamos de forma voluntaria e non remunerada, e negámonos en redondo a poñer en risco as familias que representamos e a que nos atribúan responsabilidades sanitarias que en ningún caso nos corresponden, sobre todo na situación actual.
Más información nos seguintes enlaces:
Manterémosvos informados. Por favor, comprobade que vos chegan as comunicacións de Tokapp. En caso contrario, actualizade a aplicación ou volvede a instalala.
Un saúdo,