Boas, familias. Lamentamos ter que confirmar que as ANPAS que formamos a rede de FOANPAS non poderemos xestionar os servizos de aula matinal, comedor ou extraescolares no curso 2020/21.
A Administración ignorou a nosa solicitude de recursos e persoal de monitoraxe e desinfección, fundamentais para poder levalos a cabo. Nestas condicións resulta imposible cumprir as medidas impostas polo protocolo COVID19, garantir a seguridade do alumnado, asumir os costes adicionais e facernos cargo da responsabilidade sanitaria que supón a organización destes servizos, polo que nestes momentos están suspendidos.
- Pinchando aquí poderedes ler o comunicado de FOANPAS VIGO e FANPA PONTEVEDRA á Xefatura Territorial de Educación no que se ratifica esta decisión, que conta tamén co apoio de ANPAS de CANGAS e PONTEAREAS.
Estos servizos son esenciais para a conciliación das familias de cerca de 3000 nenos e nenas só na comarca de Vigo e non estamos dispostos a renunciar a eles sen loitar polo dereito á educación dos nosos fill@s e por unha volta segura ás aulas. Seguiremos amosando o noso rexeitamento ao Protocolo COVID19 con actos reivindicativos como os seguintes:
- Do 2 ao 9 de setembro, ás 21:00h, CACEROLADA DIARIA dende fiestras e balcóns. PRÉGASE MÁXIMA DIFUSIÓN.
- 08/09/20:
representación dunha aula COVID19 en 6 puntos distintos da cidade (Teis, Beade-Bembrive, Navia, Travesas, Peatonal do Calvario e Farola de Urzáiz. Indispensable acudir con máscara e respetar a distancia social e as medidas de seguridade pertinentes). [ACTUALIZADO 02/09/20: as representacións substituiranse por unha manifestación. Preto das datas indicadas atoparedes máis información na web e nas redes sociais de FOANPAS.
Convocámosvos a participar e a difundir estes actos cos vosos contactos, xa que temos que conseguir que se escoite a nosa voz e respondan as nosas demandas.
Para rematar, deixámosvos
- un escrito que resume en 6 puntos a situación ante o protocolo COVID19 para á a volta ás aulas (pincha aquí) e
- unha enquisa de ANPAS GALEGAS para coñecer a opinión das familias sobre a volta ao cole (pincha aquí para responder.)
Un saúdo,