CAMBIO DATA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA: 25/09/20

Boas, familias.
  Acábannos de convocar para unha Asemblea Xeral Extraordinaria para o xoves 24 ás 18:00h, seguida dunha reunión dos comedores da rede. Como os temas que se van tratar serán os servicios xestionados polas ANPA (comedores, aulas matinais e extraescolares), vémonos na obriga de aprazar a nosa propia asemblea para o día seguinte, para poder achegarvos información actualizada.

Xa que logo, convocámosvos para o venres 25 ás 17:00h no patio cuberto. En caso de que non chova, iremos ao patio de abaixo e poderedes utilizar as gradas, respetando as distancias. É obrigatorio o uso de máscara. Sentimos as molestias que poida ocasionar este cambio, por completo alleo á nosa vontade. 
Por favor, unha persoa por unidade familiar e sen nenos. Graciñas.
Un saúdo,