INICIO ACTOS REIVINDICATIVOS

 Comedor Canicouva
Boas, familias.
   A Xunta leva sen dar resposta ás nosas peticións dende a publicación do primeiro protocolo COVID e as ANPAS federadas en FOANPAS mantemos o mesmo posicionamento dende entón: sen recursos nin persoal de apoio resulta imposible xestionar os servizos de aula matinal, comedor e extraescolares, máxime cando pretenden delegar en nós, nais e pais que traballamos de forma voluntaria e altruista, calquera responsabilidade sanitaria derivada dun posible contaxio. 
   Nestas condicións, nin poderiamos manter os prezos habituais dos servizos (o aumento de quendas e espazo horario suporía un notable incremento do custe do monitoraxe) nin se poderían garantir todas as prazas ofertadas, de xeito que, nestes momentos, a organización destes servizos depende da vontade da Consellaría de Educación.

   Se queremos estes servizos, defender o noso dereito a traballar e conciliar e que se modifique o protocolo COVID, os pais e nais temos que estar unidos, mobilizarnos e facer que nos escoiten. 
No tokapp tedes a relación dos próximos actos previstos.  Non esquezades que ata o día 9 está convocada unha cacerolada diaria ás 21:00h para visibilizar este problema de forma segura para todos. 
Deixámosvos un artigo de prensa sobre as ANPAS de Redondela que reflicte claramente o noso sentir xa que, coma tantas outras ANPAS, atópanse na mesma situación que nós.
Contamos co voso apoio. Xuntos temos que lograr que a Administración asuma as súas responsabilidades. 
Un saúdo,
Anpa Cachamuíña - Ceip Canicouva