INSCRICIÓNS SOCIOS 2020/21

Boas, familias.
  Xa vos podedes facer socios da ANPA. A cota segue sendo de 15€ por familia e curso pero, de forma excepcional, no 2020/21 só terán que abonala as familias que non se asociaron o curso pasado (familias novas no centro ou non socios do curso 2019/20), segundo o aprobado na Asemblea do pasado venres.
As inscricións faranse ONLINE para cumprir co establecido no protocolo COVID19, a través da plataforma EDUE (non hai que descargar nada).

COMO FACERSE SOCIO DA ANPA:

  1. Entra en EDUE: www.edue.es 
  2. Pincha en "registrarse" e introduce os teus datos (datos do titor/a). No sucesivo terás que "iniciar sesión" co teu mail e a clave que escollas.
  3. Abre o teu correo electrónico e valida o enlace. Se non che chega, revisa o spam ou solicita que che manden outro email de confirmación despois de esperar un chisco. 
  4. Introduce o teu correo e a contrasinal elexida.
  5. Pincha en alumno para rexistrar a/os teus fillos/as. Precisarás o CÓDIGO DE CENTRO que vos enviamos por tokapp. Por motivos de seguridade, non podemos publicalo en redes. Podedes pedilo por whatsapp (671251896).
  6. Pincha en "hacerse socio por 15€". Todos tedes que facer click para que a vosa solicitude quede rexistrada, pero soamente os novos socios terán que facer o pago na conta que se indica.
  Podedes engadir o nome do/s neno/s no concepto, pero non esquezades indicar o voso DNI. Dende a ANPA validaremos cada inscrición unha vez revisados os pagos ou comprobado que non existen débedas do curso anterior. 

  Se ides utilizar o servizo de comedor, teredes que indicar todas as persoas que estean autorizadas para recoller os menores: iniciade sesión, pinchade no voso nome na esquina superior dereita ou, dende o móbil, sobre as 3 raias horizontais para que apareza o voso nome, e facede clic no signo + situado baixo "añadir un nuevo tutor". Se pode saír só, indicádeo tamén.
Dende o apartado "alumno" só podedes editar a persoa que figura por defecto como autorizada, que é a que fixo o rexistro en EDUE. Se tedes problemas ou dúbidas, contactade con nós.

TOKAPP SCHOOL

O número de móbil que facilitedes na inscrición será o que introduciremos na base de datos de Tokapp School (medio de comunicación oficial da ANPA coas familias). Por tanto, para recibir as nosas comunicacións teredes que descargar esta app nese mesmo número. É un servizo gratuito para os socios da ANPA

Se precisades contactar con nós, queredes que un segundo titor teña acceso a Tokapp ou tedes calquera dúbida, enviade un e-mail a ampapereiro@hotmail.com. Un saúdo,