APERTURA COMEDOR E NORMAS BÁSICAS

comedor Canicouva
Boas, familias. A apertura do comedor escolar está prevista para o mércores 28 de
outubro
. Por TokApp enviámosvos a circular cos detalles sobre a instalación e organización do comedor, que resumimos nesta entrada. Para facilitar a xestión do servizo, agradecémosvos a vosa colaboración nos seguintes puntos:
  • Rexistro en edue. Revisade que a vosa inscrición está aceptada e indicade todas as persoas que estean autorizadas para recoller os menores: iniciade sesión, pinchade no voso nome ou, dende o móbil, sobre as 3 raias horizontais (esquina superior dereita), e facede clic no signo + situado baixo "añadir un nuevo tutor". Se pode saír só, indicádeo tamén.
Dende o apartado "alumno" só podedes editar a persoa que figura por defecto como autorizada, que é a que fixo o rexistro en EDUE. Se tedes problemas ou dúbidas, contactade con nós.
  • Copia sentenzas/acordos custodia: non esquezades facernos chegar unha copia en caso de que algún dos proxenitores non poida recoller os menores, ou poida facelo só en días concretos. 
  • Comunicación de faltas: é obrigatorio comunicar á ANPA todas as faltas de asistencia antes das 09:15h por WhatsApp (671.25.18.96). Lembrade que tamén é obrigatorio avisar o equipo covid do centro ata as 09:50h en caso de ausencia por presentar síntomas (886.120.237).
  • Organización das saídas: indicádenos por WhatsApp a que hora poderedes recoller os menores para poder organizar as saídas de forma fluida. 

INFORMACIÓN IMPORTANTE E NORMAS BÁSICAS

O horario do comedor é de 13:30 a 15:30hO alumnado de infantil poderá ser recollido a partir das 14:30h e o de primaria dende as 14:45h. O sistema de saída é igual ao do centro.

Segundo o protocolo da Xunta, todo o alumnado do centro está obrigado a acudir ao servizo de comedor con máscara, incluido o de infantil. Así, teredes que mandarlles na mochila 2 máscaras en 2 sobres ou bolsiñas de tela distintas, aparte da que utilizan na clase: unha para poñer antes de baixar, que quitarán para comer e porán de novo ao rematar a comida; a outra, de reposto, que non se utilizará salvo se a primeira se rompe ou mancha. Sen máscara, non poderán acceder ao servizo.

Este curso o cepillado de dentes terá que facerse ao chegar a casa e o alumnado de infantil non utilizará mandilón.

O servizo distribúese en dous espazos: o comedor, destinado a infantil, e o ximnasio, habilitado para dar servizo ao alumnado de primaria. En ambos casos, os menores están distribuidos en grupos de convivencia estable e separados por mamparas de 60cm de alto que aíslan cada posto de forma individual, mesmo dentro de cada clase.

Os grupos están separados entre si 1,5m de distancia cando a organización das mesas o permite, ou protexidos con mamparas de 60cm de alto e un ancho que supera o do mesado de infantil e primaria en 60 e 80cm respectivamente, de xeito que sobresaen a ambos lados para protexer os usuarios de contactos laterais. Todas teñen os cantos redondeados.

O posto de cada usuario está identificado co seu nome e será fixo para todo o ano. Levarase un control diario de asistencia e o Equipo covid dispón dun plano de situación para facilitar a localización dos contactos en caso dun eventual abrocho. En caso de síntomas, a encargada informará o Equipo covid, illará o menor no espazo destinado polo centro e contactará coa súa familia, que virá recollelo o antes posible.

A entrada nos comedores farase de forma escalonada, seguindo o horario de saída do centro. O alumnado lavará as mans no aseo que se lles indique, sentarase no seu posto e colgará as súas pertenzas da silla. Permanecerá sentados durante o servizo e será atendidos por unha monitora fixa que se responsabilizará dun máximo de 15 alumnos e lles levará os pratos á mesa.

O alumnado de infantil permanecerá no comedor o pouco tempo que quede dende que remate de comer ata ser recollido polos seus titores, para garantir que non se produzan contactos entre eles; os de primaria sairán ao patio en días alternos por grupos, acompañados pola monitora que lles corresponda. Os que queden no comedor poderán ler, debuxar ou aproveitar para facer os deberes.

Lembrade que, ao non haber extraescolares, polas tardes non hai profesorado de garda no centro, de modo que todos os menores deben ser recollidos antes das 15:30h, hora de finalización do servizo. Agradecémosvos que nos axudedes a cumplir estas medidas para que o comedor sexa un lugar seguro para todos os usuarios e o resto do alumnado do centro. Un saúdo,

anpa canicouva