DÍA MUNDIAL DA DIABETES 2020

  Boas, familias. Mañá, 14 de novembro, celébrase o Día Mundial da Diabetes en homenaxe ao Nobel en medicina Frederick Banting, doutor nacido en Canadá ese mesmo día do ano 1981 e considerado o pai da insulina. 
  A insulina é a hormona que ordena ás células que deixen entrar o azucre do sangue para que o corpo poida utilizar a enerxía dos alimentos. 

As persoas con diabetes teñen células que non responden ben á insulina (Diabetes Tipo 2) ou non producen suficiente insulina: isto é o que se conoce como Diabetes Tipo 1, a máis frecuente en nenos/as e xente nova porque aparece en idades temperás.

  Dende aquí queremos visibilizar as familias que aprenden a poñer insulina, calcular racións, levar encima glucómetros e, en definitiva, a convivir con esta doenza, así como agradecer o apoio e colaboración do profesorado que axuda aos nosos nenos e nenas a medrar coa diabetes. A todos eles vai adicado este vídeo de ANEDIA GALICIA, Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes.

Pincha aquí para reproducir o vídeo

Cando a diabetes tipo 1 aparece nas nosas vidas en segundos descobres que van a cambiar para sempre. Reseteamos e aprendemos todos os cambios que debemos tomar para volver a ela, a nosa vida de sempre.
Os nosos fillos seguen sendo nenos e queren facer o mesmo que os demais; non os deixedes de lado
por ese medo: preguntade, informádevos e axudádenos, axudádenos a que ese iceberg se vexa na súa totalidade e non nos afunda. A todos os que se implican e nos axudan, mil grazas!! (Anedia Galicia)

Un saúdo,