LOTERÍA DE NADAL

  Boas, familias. Sodes moitos os que nos preguntades como podedes axudarnos a sufragar os gastos excepcionais deste ano (máscaras cirúrxicas distribuidas á totalidade das familias do centro, mamparas para comedor e aula matinal...), tendo en conta que na Asemblea de setembro se aprobou de forma extraordinaria a renovación gratuita* dos socios do curso 2019/20 (*no 2020/21 só teñen que abonar a cota de socio as familias novas no centro ou as que non se asociaron o curso pasado).
  Pois ben, unha boa forma de facelo é mercando lotería da ANPA: as participacións, do número 08981, son de 3€ e inclúen 50 céntimos de donativo, de modo en cada unha xogades 2,50€ e aportades un chisquiño aos fondos da Asociación. 
  Reservade as vosas participacións respondendo ao TokApp que vos enviamos ou mandando un WhatsApp ao 671.251.896. Non quededes sen elas!
Un saúdo,
Anpa Canicouva