Boas, familias. Invitámosvos a asistir á nosa primeira videoconferencia sobre Prevención da
violencia de xénero a través das TICs, que será impartida a través de GoogleMeet o vindeiro martes 17 de novembro polo docente e experto en novas tecnoloxías e supervisión parental David López Pazos.
violencia de xénero a través das TICs, que será impartida a través de GoogleMeet o vindeiro martes 17 de novembro polo docente e experto en novas tecnoloxías e supervisión parental David López Pazos.
Este webinar forma parte dunha serie de actividades* organizadas no Ceip Canicouva pola ANPA Cachamuíña e que se integran no programa subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade para a prevención da violencia de xénero e promoción da igualdade no marco do Pacto de Estado.
A segunda videoconferencia do ciclo terá lugar o vindeiro martes 24.
Os nosos fillos e fillas están cada vez máis expostos aos potenciais perigos das redes sociais: stalking, grooming, sextorsión... Se non coñeces estos termos, inscríbete cubrindo este formulario.
1º SESIÓN DA ACTIVIDADE DESTINADA A NAIS, PAIS E PROFESORADO
- Data: Mar. 17 Nov. 2020 (16:00-18:00h)
- Inscrición: cubre este formulario (pincha aquí) co teu nome e centro.
- Conectarse:
- Unirse con Google Meet: pincha aquí uns minutos antes do inicio do webinar.
- Unirse a través do teléfono: (ES) +34 877 99 26 37 (PIN: 936846673).
Non precisas ter activada a cámara para unirte ao webinar: preme no enlace e desactívaa se non desexas aparecer na pantalla. Utiliza o chat para enviarnos as túas dúbidas ou preguntas. O moderador leeraas no turno de preguntas ou irá dándovos a palabra por orde. Coas actividades deste ciclo preténdese impulsar a sensibilización de familias e ANPAs na perspectiva de xénero, así como concienciar ao alumnado e a comunidade educativa sobre os estereotipos existentes, promovendo relacións respetuosas e en igualdade para previr este tipo de violencia. Un saúdo, |