Día internacional das persoas con diversidade funcional (3/12/20)

  Boas, familias. Compartimos con vós a curtametraxe "Por ESO", creada por FOANPAS e a Fundación
IGUALARTE
 con motivo do Día Internacional das persoas con diversidade funcional, que se conmemora o 3 de decembro. A curtametraxe visilibiza a falta de igualdade e inclusión destas persoas, en particular cando se trata de mulleres.

Preme aquí para visualizar POR ESO

"Imaxina que un dos teus soños é correr a maratón de Nova York. Imaxina que te [...] preparas durante meses, aforras para afrontar os gastos que supón … E chega o día e alí estás, disposto/a a dalo todo para rematar a carreira. E rematas. Que ilusión! Que satisfacción! Pero cando vas recoller o documento que acredita que corriches e que remataches, só che dan unha chea de fotos, pero nada oficial. É como se non correses [...]
Pois iso é o que lle sucede a centos de rapaces e rapazas a final de curso. O alumnado con diversidade ao que lle fan algún tipo de adaptación significativa, non recibe o título acreditativo cando remata o ensino obrigatorio. Durante anos esfórzanse para aprender, traballan para aprobar as diferentes materias, dedícanlle tempo… Porén, non reciben o título que si recibe o resto do alumnado. E que supón isto? Pois que un simple papel che impide acceder a un posto de traballo, a unha oposición, a unha formación profesional, a unha carreira universitaria…
“Por ESO” esta curtametraxe. “Por ESO” esta denuncia. “Por ESO” esta reivindicación. “Por ESO” é preciso mudar a mirada e darlle a cadaquén o que lle corresponde por dereito e o que necesita.
“Por ESO”, unha escola para todos e todas, na que estar con todos e todas e na que participar e progresar como todos e todas."
Texto extraído do Facebook de Foanpas
Un saúdo,